Logo AJL










































 
 
CIRCULAR


           Benqueridos compañeiros e benqueridas compañeiras,

           En esta segunda circular os anunciamos los que serán los ponentes invitados al XIX Encuentro de la AJL en Valencia:

     Dr. D. Antonio Briz Gómez (Universidad de Valencia): "El Análisis de la Conversación: órdenes y unidades"

     Dra. Dña. María Teresa Echenique Elizondo (Universidad de Valencia): "La historia de la lengua: disciplina del siglo XXI"

     Dr. D. Günter Haensch (Universidad de Ausburgo): "Luces y sombras de la lexicografía"

     Dr. D. Ángel López García (Universitat de Valencia): "Análisis del Discurso: ¿un empeño posible?"

     Dr. D. Salvador Pons Bordería (Universidad de Valencia): "Inducción y deducción en la investigación lingüística"

     Dr. D. Vicent Salvador Liern (Universidad Jaume I): "La trama lèxica: sobre alguns patrons de construcció discursiva"

           La lista definitiva de comunicaciones aparecerá en nuestra página web en cuanto acabe el plazo de envío y selección de propuestas. Os recordamos que el plazo para enviar propuestas finaliza el 15 de diciembre.

           Os días 10, 11 e 12 de marzo de 2004 vaise celebrar no Campus da Universidade de València o decimoitavo Encontro da Asociación de Xoves Lingüistas (AXL).            A Asociación de Xoves Lingüistas, xurdida en Barcelona en 1992, está composta por bolseiros de investigación, doutorandos e, en xeral, membros das facultades de Filoloxía e outras persoas adicadas á investigación da linguaxe. De acordo cos seus estatutos, os obxectivos da Asociación son:

  1. Promove-lo estudio da lingüística en tódolos seus eidos e favorece-la comunicación e cooperación entre os xoves investigadores desta disciplina.
  2. Fomenta-lo recoñecemento da lingüística coma disciplina autónoma.
  3. Contribuír á divulgación dos traballos de investigación en curso mediante reunións de carácter científico, publicacións e outras iniciativas.
  4. Incitar ó intercambio cultural promovendo os estudios lingüísticos de calquera lingua.
           Dende 1992, a AXL tense reunido en diferentes universidades do estado español para celebrar os seus encontros. Estes consisten nunha exposición breve, por parte dos membros da Asociación, das súas liñas de investigación e os resultados obtidos. Os encontros finalizan cunha celebración da Asamblea Xeral da AXL, onde se comentará o funcionamento e a continuidade da Asociación.

           As sedes dos dezaseis encontros anteriores foron, cunha periodicidade semestral, a Universitat de Barcelona e a Universidade de Santiago (1992), a Universidá de Uviéu e a Universitat de València (1993), Universidad de Murcia e a Universidad Autónoma de Madrid (1994), Universitat Autònoma de Barcelona e a Euskal Herriko Unibertsitatea (1995), Universidade da Coruña e a Universidad de León (1996), Universidad Complutense de Madrid e a Universidad de Jaén (1997) e, cunha periocididade anual, a Universidad de Salamanca (1998), a Universidad de Extremadura (1999), a Universidad de Sevilla (2000), a Universidad de Huelva (2001) e a Universitat d'Alacant (2002).

           Coma nos outros encontros, as persoas interesadas poderán presentar unha comunicación dunha duración aproximada de 20 minutos, que debe ter coma obxectivo fundamental a presentación da liña de investigación na que cada un de nós está a traballar. Neste senso, poderían servos útiles as seguintes indicacións: a) dada a heteroxeneidade do público, sería conveniente face-la comunicación o máis accesible e pedagóxica posible, sobre todo tendo en conta que pode haber persoas que non coñezan os alicerces das teorías manexadas por cada comunicante; b) recoméndase tamén prudencia no emprego de exemplos, xa que non resulta doado seguir unha exposición baseada nunha chea de exemplos; c) sería interesante que as referencias bibliográficas apareceran reflectidas no exemplario, e non unicamente na exposición oral; d) non esquezades que a cantidade de información achegada debe ser acorde co tempo de exposición (20 minutos). Despois de cada comunicación haberá un debate de 10 minutos.

           Se queredes asistir ó XIX Encontro da Asociación de Xoves Lingüistas como comunicantes ou como asistentes, cubride o boletín de inscrición e enviádenolo antes do día 15 de xaneiro de 2003 por correo ordinario e electrónico. O comité científico dispón de 15 días para examina-las propostas. A partir do 15 de febreiro comunicarásevos a aceptación ou non da proposta. A data límite para realiza-lo ingreso da cota de inscrición na conta de Caja de Ahorros Mediterráneo (CAM): 2090-2821-41-0064002266 é o 1 de marzo. Enviádenos unha copia do xustificante de pagamento antes desta data.

           Tede en conta que tódalas propostas de participación enviadas fóra do prazo establecido non serán admitidas. Tódalas persoas que enviaran o boletín recibirán máis adiante unha segunda circular, que incluirá o programa provisional do Encontro e a orde do día da asemblea xeral da Asociación, e tamén información axeitada sobre os transportes e aloxamento na cidade de Valencia.            As cotas de participación son as seguintes:

  1. Socio relator: 36 euros
  2. Relator non socio: 42 euros
  3. Asistente non socio e non relator: 20 euros
           Se queredes PERTENCER Á ASOCIACIÓN COMO SOCIO CON CARÁCTER ANUAL, habedes de enviar unha solicitude por correo ordinario e electrónico, antes do 15 de xaneiro de 2002, ó Comite Organizador deste Encontro. Nesta solicitude hase especificar que unicamente se desexa pertencer á Asociación como socio por un ano, que conleva o dereito a recibi-la información do Encontro vixente e a primeira circular da seguinte. Alí han de figurar os datos personais (nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto, correo electrónico, categoría profesional e universidade). Con esta solicitude hase de achega-lo xustificante do abono de 6 euros correspondente á cota anual establecida por este Comité, que se ingresará na conta do Caja de Ahorros Mediterráneo (CAM): 2090-2821-41-0064002266, antes do comezo deste Encontro.






UNIVERSIDADE DE VALENCIA





ajl-valencia@uv.es

Maria José Fernández Colomer
Dpto. de Filología Hispánica.
Tel: 96 398.32.69
Maria.Jose.Fernandez@uv.es

Sergio Maruenda Bataller
Dpt. de Filologia Anglesa i Alemanya
Tel: 96.398.30.33
Sergio.Maruenda@uv.es

Elena B. Ruiz
Dpt. de Filologia Anglesa i Alemanya
Tel: 687975146
benito@uv.es

Jorge Martí Contreras
Dpto. de Filología Hispánica.
Tel: 656270498
656270498@amena.com

Montserrat Pérez Giménez
Dpto. de Filología Hispánica
Tel: 687472550
Montserrat.Perez@uv.es

Facultad de Filología

UNIVERSIDADE DE VALENCIA

Avda. Blasco Ibáñez 32
46010 Valencia