Logo AJL










































 
 
NORMAS PARA A EDICIÓN DO
Nº 15 DE INTERLINGÜÍSTICA


           1. Entregarase o texto definitivo en disquete (rógasevos que pasedes un antivirus previamente) acompañado dunha impresión en papel. Presentaránselle ao comité organizador no momento da exposición do traballo en público.

           2. O comité organizador publicará as diferentes comunicacións / ponencias en soporte informático.

           3. Extensión: para as comunicacións un máximo de 10 páxinas; para as ponencias un máximo de 15 páxinas. As notas, táboas, gráficos, imaxes e bibliografía teñen que estar incluídos. As páxinas da impresión en papel teñen que estar numeradas; as do disquete non.

           4. Procesador de textos: Microsoft Word para Windows.

           5. Formato do documento: DIN-A4.

           6. Marxes:

    Superior: 3cm

    Inferior: 3cm

    Esquerda: 3cm

    Dereita: 3cm

           7. Tamaño da fonte: 11, letra Times New Roman, para o texto e a bibliografía final; sen embargo, será de 10 Times New Roman para as notas a pé de páxina, citacións fóra do corpo do texto e os exemplos.

           8. Interlineado: sinxelo (para o texto, notas a pé de páxina e bibliografía). Non hai que deixar espacio / liña en branco entre párrafo e párrafo, polo que se ten que sangrar o inicio de párrafo. Non se sangrará o inicio de párrafo da cita longa separada do texto. Asemade, comprobarase que entre palabras só haxa un espacio e non dous.

           9. Aliñamento: xustificado.

           10. Imaxes, gráficos e táboas: presentaranse en formato informático e incluídos no texto, en formato TIFF ou EPS, e a unha resolución de 300 puntos por polgada.

           11. TÍTULO DA COMUNICACIÓN: centrado ao comezo de páxina (na primeira liña), en maiúsculas, letra negra, sen punto final e sen comiñas. A continuación, déixase unha liña en branco entre o título da comunicación e o nome do autor.

           12. Nome do comunicante/s: debaixo do título da comunicación, aliñamento á dereita. Debaixo do NOME E APELIDOS, na liña seguinte, e tamén á dereita, indícase a UNIVERSIDADE DE PROCEDENCIA (non se debe poñela entre parénteses). Ambas informacións en letra versal. Despois hai que deixar dúas liñas en branco entre o final dos datos persoais e o comezo do texto.

           13. División en apartados: os distintos apartados e subapartados teñen que se numerar, comezando sempre polo número 1. A excepción vén representada pola bibliografía (no caso de que se adxunte), que aparecerá sen numerar.
1. En letra negra e sen sangrar, minúsculas, separado dos párrafos anterior e posterior por unha liña en branco. Non acaba en punto final.
1.1. En letra negra e sen sangrar, minúsculas (non se deixa liña en branco anterior se vai mesmo despois da liña do 1.). Non acaba en punto final.
1.1.1. En letra negra e sen sangrar, minúsculas (non se deixa liña en branco anterior se vai xustamente despois da liña do 1.1.). Non acaba en punto final.

           14. Exemplos: deberán ir numerados correlativamente -(1), (2)...-, tamaño da fonte 10 e en cursiva. En cursiva vai só o que é o exemplo; a numeración vai en redonda a tamaño 10. Se o exemplo é unha frase independente do texto, acabará en punto.
(1) Xoán comeu aquí onte.

           15. Termos especiais:
    Metalingüísticos: cursiva.

    Unha palabra ou varias dunha lingua distinta á do texto: cursiva.

    Citacións en linguas estranxeiras (unha frase ou un fragmento) dentro dunha frase do texto, en párrafo á parte ou a pé de páxina: redonda. Se a citación vai nun párrafo á parte non levará comiñas; nos demais casos si.


CITAS TEXTUAIS:


           16. Inferiores a tres liñas: entre comiñas ("") e inseridas no texto; o tamaño da fonte segue sendo 11. Exemplo:
           …coincidimos con la idea de que "son cláusulas biactanciales, con los dos participantes que exige una relación transitiva" (Mª A. MARTÍNEZ LINARES 1998: 137).

           17. Superiores a tres liñas: sangradas á esquerda 1'25cm respecto á sangría da primeira liña (un total de 2'5cm) e tamaño da fonte 10; non hai que sangrar en inicio de párrafo. Tampouco hai que deixar liña ningunha en branco entre o texto e a cita, ou entre a cita e a seguinte liña. Exemplo:
           Xa o apuntou R. RODRÍGUEZ FERRÁNDIZ (1998: 245):
           Y en cuanto al CLG, Saussure rechazó la posibilidad que se abría en los Anagramas, y que allí mismo se presentaba muy complicada: la de una consecutividad (una linealidad sub-sígnica) en la lengua que recaería en los dífonos, a los que habría que otorgar alguna entidad lingüística a medio camino entre el morfema y el fonema en tanto proyectos-de-signos, "proformas" en trance de recomponerse anagramáticamente.
           De non se indicar a autoría antes da cita á parte, poderíase, igualmente, pór entre parénteses ao remate da mesma (letra 11):
           en trance de recomponerse anagramáticamente. (R. RODRÍGUEZ FERRÁNDIZ 1998: 245). [Atención: punto ao remate de cita e despois de citación]
           As citas á parte non deben comezar con puntos suspensivos (sen embargo, si que poderán comezar con minúscula) nin tampouco acabar con eles, senón directamente punto final.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:


           18. No texto:
           INICIAL DO NOME. APELIDO/S (ano: páxina/s) (ano: páxina) [atención: inicial e apelido/s en letra versal]
           A. BELLO ([1847]1981: 763)
           Cando a referencia se refira a toda unha obra e non a unha páxina/s en concreto, omitiranse os dous puntos e os números de páxinas:
           tal como xa indicaran (M. ALVAR EZQUERRA 1991: 35).
           como indica M. ALVAR EZQUERRA (1991: 35).
           "nos parece una idea poco acertada" (G. HAENSCH e R. WERNER 1993: 18) esta era a idea recurrente do libro (M. ALVAR EZQUERRA 1991).

           19. Ao final do texto no apartado de bibliografía (se é que se pon):
           APELIDO/S, NOME COMPLETO, Título do libro, Lugar de edición, Editorial, Ano.
           APELIDO/S, NOME COMPLETO, "Título do artigo ou capítulo", en APELIDO/S DO AUTOR/EDITOR, INICIAL DO NOME, Título do libro, Lugar de edición, Editorial, Ano, Páxinas.
           APELIDO/S, NOME COMPLETO, "Título do artigo", Título da publicación periódica, Número, Ano, Páxinas.

           Exemplos:
           ALARCOS LLORACH, EMILIO, Gramática de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe, 1994.
           LÁZARO MORA, FERNANDO, "Compatibilidad entre lexemas nominales y sufijos diminutivos", en VARELA ORTEGA, S. (ed.), La formación de palabras, Madrid, Síntesis, 1993, pp. 303-315.
           KATZ, JERROLD J. e FODOR, JERRY A., "The Structure of a Semantic Theory", Language, 39, 1963, pp. 170-210.
           VALDERRAMA, JUANITO, "Cuéntame un chiste", en KATZ, J. J. y FODOR, J. A., It's a joke, Madrid, Unicornio, 1967, pp 13-24.
           A bibliografía débese incluír nun apartado final e non como nota a pé de páxina, polo que se teñen que repetir todas as citacións de dentro do texto (máis outras) no apartado final de Bibliografía.

Outras indicacións:

           20. En principio, no texto e mais nas citacións de artigos empregaranse as comiñas baixas ""; de se ter que empregar outras comiñas dentro dun texto entrecomiñado usaranse as altas "" e dentro destas as simples ''.

           21. Para os incisos utilízase o guión longo ; ponse ao principio e ao final do inciso; o final elimínase se co fragmento se chega á fin de frase marcada cun punto.

           22. Débese prescindir de letra negra e do subliñado no corpo do texto.

           23. Advertencia final: se o texto entregado para publicación non seguise as normas de estilo presentadas nestas páxinas, sería devolto ao seu autor/es para a súa corrección.






UNIVERSIDADE DE VALENCIA





ajl-valencia@uv.es

Maria José Fernández Colomer
Dpto. de Filología Hispánica.
Tel: 96 398.32.69
Maria.Jose.Fernandez@uv.es

Sergio Maruenda Bataller
Dpt. de Filologia Anglesa i Alemanya
Tel: 96.398.30.33
Sergio.Maruenda@uv.es

Elena B. Ruiz
Dpt. de Filologia Anglesa i Alemanya
Tel: 687975146
benito@uv.es

Jorge Martí Contreras
Dpto. de Filología Hispánica.
Tel: 656270498
656270498@amena.com

Montserrat Pérez Giménez
Dpto. de Filología Hispánica
Tel: 687472550
Montserrat.Perez@uv.es

Facultad de Filología

UNIVERSIDADE DE VALENCIA

Avda. Blasco Ibáñez 32
46010 Valencia