Logo AJL










































 
 


           Se queredes asistir ó XIX Encontro da Asociación de Xoves Lingüistas como comunicantes ou como asistentes, cubride o boletín de inscrición e enviádenolo antes do día 15 de xaneiro de 2003 por correo ordinario e electrónico. O comité científico dispón de 15 días para examina-las propostas. A partir do 15 de febreiro comunicarásevos a aceptación ou non da proposta. A data límite para realiza-lo ingreso da cota de inscrición na conta de Caja de Ahorros Mediterráneo (CAM): 2090-2821-41-0064002266 é o 1 de marzo. Enviádenos unha copia do xustificante de pagamento antes desta data.

           Tede en conta que tódalas propostas de participación enviadas fóra do prazo establecido non serán admitidas. Tódalas persoas que enviaran o boletín recibirán máis adiante unha segunda circular, que incluirá o programa provisional do Encontro e a orde do día da asemblea xeral da Asociación, e tamén información axeitada sobre os transportes e aloxamento na cidade de Valencia.            As cotas de participación son as seguintes:

  1. Socio relator: 36 euros
  2. Relator non socio: 42 euros
  3. Asistente non socio e non relator: 20 euros
           Se queredes PERTENCER Á ASOCIACIÓN COMO SOCIO CON CARÁCTER ANUAL, habedes de enviar unha solicitude por correo ordinario e electrónico, antes do 15 de xaneiro de 2002, ó Comite Organizador deste Encontro. Nesta solicitude hase especificar que unicamente se desexa pertencer á Asociación como socio por un ano, que conleva o dereito a recibi-la información do Encontro vixente e a primeira circular da seguinte. Alí han de figurar os datos personais (nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto, correo electrónico, categoría profesional e universidade). Con esta solicitude hase de achega-lo xustificante do abono de 6 euros correspondente á cota anual establecida por este Comité, que se ingresará na conta do Caja de Ahorros Mediterráneo (CAM): 2090-2821-41-0064002266, antes do comezo deste Encontro.






UNIVERSIDADE DE VALENCIA





ajl-valencia@uv.es

Maria José Fernández Colomer
Dpto. de Filología Hispánica.
Tel: 96 398.32.69
Maria.Jose.Fernandez@uv.es

Sergio Maruenda Bataller
Dpt. de Filologia Anglesa i Alemanya
Tel: 96.398.30.33
Sergio.Maruenda@uv.es

Elena B. Ruiz
Dpt. de Filologia Anglesa i Alemanya
Tel: 687975146
benito@uv.es

Jorge Martí Contreras
Dpto. de Filología Hispánica.
Tel: 656270498
656270498@amena.com

Montserrat Pérez Giménez
Dpto. de Filología Hispánica
Tel: 687472550
Montserrat.Perez@uv.es

Facultad de Filología

UNIVERSIDADE DE VALENCIA

Avda. Blasco Ibáñez 32
46010 Valencia